miércoles, abril 26, 2006

O que máis desexaba Cacauequi ó chegar o mes de maio era ter obtido innumerábeis honores académicos ca súa man esquerda, cantos máis mellor. Era a visión dos conos florais dos aesculus hippocastanum o que facíalle caer na conta do triste e valeira da súa copa. El tiña algún título pero ó chegar o mes de maio sempre desexaba máis, e quería tamén medallas, diplomas, doutoramentos, birretes e publicacións en revistas científicas, e todos e todas elas feitos coa man esquerda. Logo chegaba xuño e o asunto volvía darlle igual, e así durante todo o ano ata maio. xa sabedes que na terra hai moita xente e cada un é cada un.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Por estas fechas a mi me pasa algo parecido pero con las dos manos...

jm dijo...

la gú me ha pasado la dirección de tu blog.
Me lo apunto en mis favoritos. Muy bonito, de verdad.