miércoles, mayo 31, 2006



Algau

2 comentarios:

Petromás dijo...

¡Vaia sorpresa! Andaba eu buscando algo de Archimboldo Roque pola rede, e mira por onde descubro que ten unha páxina propia e todo.
Pois nada, encantado de entrar a saudar. Encántanme as túas ilustracións, e será un placer ir vendo as que van aparecendo aquí.

Por certo, ¡penitencia, penitencia!. Teño que confesar que andaba buscando material de Archimboldo por motivos plaxiarios. Estou facéndolle un pequeno tebeo a unha nena como regalo de cumpreanos, e decidín copiar inmisericordemente o teu estilo, que me encanta dende que de apareceches no Golfiño. E como me parece que non tes ningún album publicado, andaba a ver se pescaba algo que estivera perdido por aí. ¡Mellor imposible!
Claro que se non che parece ben semellante piratería, non tes máis que comentalo, e eu procurarei ser... ehem, máis orixinal.

Un saúdo de Petromás

Jacobo F S dijo...

Petromás, primeiramente:
-¡Benvido, home, benvido!
E segundamente:
- Dado a nobleza das túas intencións dou por ben empregada a "inspiración" que estes debuxos poidan aportarche. Pois xa o di un vello adaxio chevengur:

Nin de ouro unha cadena,
nin de perlas un rosario,
¡regálalle un cómic á nena
polo seu aniversario!!

Así que un saúdo e xa sabes onde estamos.